Lu @lupucu

  • Posts
    624
  • Followers
    287
  • Following
    377
Advertising
Galicia, terra de contos.

Berce de escritoras e menciñeiros. Cuidadores da palabra, traballadores da alma no papel.

Cultura popular creada dos verdes montes e azuis costeiros. Inocencia educada con vella tradición, rezumada da historia. Creada cos singulares pasaxes dos que un día buscaron alí o fin da terra.

Escenario de bruxas, coruxas, meigas e meigallos, cangallos e bois.
Terra de monxes e monasterios, de príncipes, princesas e castelos. Reino dos suevos. 
Tumba do apóstolo protagonista de outro conto. 
Con eles nos educamos... dalgunha forma nos parecemos.

Contos de mil lugares que fan delicias no xantar, con uva ben prensada, na Galicia máis enxebre. Ten Galicia esa parte desperta nos pobos pequenos, adormecida no ruido moderno.

Son os homes e mulleres, galegos e galegas, filósofos de dúbidas eternas. Que sempre preguntan e sempre sentencian. Que sempre teñen un aquel... ou un as para matalo tres. 
Pícaros de bonanza, de agarimo ben curtido. Acostumados a marchar para voltar, nunca sabes si veñen ou van. 
Sempre suben cando baixan, sempre alegres con tristeza, con nostalxia.
Esa morriña que alumea na mirada do que aguanta os chaparróns coa esperanza de que escampa. Que cando ven as nubes marchar saen ao carón do sol para sorrirlle e berrar:
¡Ves! ¡como xa sabía eu!

E algúns, entre bois e vacas en algún que outro pesebre, preparan brevaxes de auga quente. Non hai ouro, nin hai mirra, pero sempre hai xente. 
Un pouco de pan, un pouco de viño e algún que outro chourizo.
Xente de bo dente, mellor xantar, alegre xente. 
E ti ¿de quen ves sendo?
#galicia #galiciamaxica  #contacontos #historias #lenda  #meiga #tradicion #aprenderjugando #nature #naturelovers #galiciameiga #galiciaverde #galiciarural #rural #rurallife #traditional @galiciagrafias @galiciamaxica @galiciavisual @igers.galicia @galicia_mola @fotonline.es @igersvigo @igerspontevedra @igersspain @photoespana_ @magnumphotos
  • Comments 1

Galicia, terra de contos. Berce de escritoras e menciñeiros. Cuidadores da palabra, traballadores da alma no papel. Cultura popular creada dos verdes montes e azuis costeiros. Inocencia educada con vella tradición, rezumada da historia. Creada cos singulares pasaxes dos que un día buscaron alí o fin da terra. Escenario de bruxas, coruxas, meigas e meigallos, cangallos e bois. Terra de monxes e monasterios, de príncipes, princesas e castelos. Reino dos suevos. Tumba do apóstolo protagonista de outro conto. Con eles nos educamos... dalgunha forma nos parecemos. Contos de mil lugares que fan delicias no xantar, con uva ben prensada, na Galicia máis enxebre. Ten Galicia esa parte desperta nos pobos pequenos, adormecida no ruido moderno. Son os homes e mulleres, galegos e galegas, filósofos de dúbidas eternas. Que sempre preguntan e sempre sentencian. Que sempre teñen un aquel... ou un as para matalo tres. Pícaros de bonanza, de agarimo ben curtido. Acostumados a marchar para voltar, nunca sabes si veñen ou van. Sempre suben cando baixan, sempre alegres con tristeza, con nostalxia. Esa morriña que alumea na mirada do que aguanta os chaparróns coa esperanza de que escampa. Que cando ven as nubes marchar saen ao carón do sol para sorrirlle e berrar: ¡Ves! ¡como xa sabía eu! E algúns, entre bois e vacas en algún que outro pesebre, preparan brevaxes de auga quente. Non hai ouro, nin hai mirra, pero sempre hai xente. Un pouco de pan, un pouco de viño e algún que outro chourizo. Xente de bo dente, mellor xantar, alegre xente. E ti ¿de quen ves sendo? #galicia #galiciamaxica #contacontos #historias #lenda #meiga #tradicion #aprenderjugando #nature #naturelovers #galiciameiga #galiciaverde #galiciarural #rural #rurallife #traditional @galiciagrafias @galiciamaxica @galiciavisual @igers.galicia @galicia_mola @fotonline.es @igersvigo @igerspontevedra @igersspain @photoespana_ @magnumphotos

Advertising
Advertising
Advertising
NEXT